O concello de Valdodubra adquire o castelo de Portomeiro

Trátase dunha fortificación de época castrexa e tardorromana

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Estivo a piques de desaparecer por unha canteira que levou parte da área arqueolóxica, pero o seu futuro é distinto. O concello de Val do Dubra anunciou que pechara un acordo de compra cos propietarios das parcelas que integran o castelo de Portomeiro, unha fortificación ubicada sobre o río Tambre. No recinto consérvanse murallas e edificacións que poden corresponder á Idade do Ferro e a un posible uso posterior, en época tardoantiga ou medieval. Antonio Negreira, rexedor de Val do Dubra, sinalou a La Voz de Galicia que tras ser incorporado ao catálogo de propiedades municipais, farase un "oportuno estudio e un plan de limpeza e conservación, ademais de acondicionar o acceso ao mesmo par que cantos queiran poidan gozar do seu valor patrimonial e paisaxístico".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Entre o bo e o mellor

Entre o bo e o mellor

A nova campaña no castelo de Portomeiro abre novas incógnitas sobre o recinto civil mellor preservado da Alta Idade Media galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Idade do Ferro, La Voz de Galicia, Negreira

Claves

Entidades
Lugares