Volven as intervencións arqueolóxicas ao castelo de Portomeiro

O obxectivo é profundar no coñecemento do xacemento e facelo visitable

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Intervención de 2020 no castelo de Portomeiro. Foto: USC

Intervención de 2020 no castelo de Portomeiro. Foto: USC

Do vindeiro luns 12 de xullo ata o 23 do mesmo mes o castelo de Portomeiro (Val do Dubra) acollerá a súa segunda campaña de escavación arqueolóxica. Será realizada polos arqueólogos do grupo de investigación Síncrisis, da Facultade de Historia da USC, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación cultural Larada. Foi precisamente esta entidade quen adquiriu os terreos do castelo trala campaña anterior, e que ata o momento pertencían a un particular. A nova campaña pretende ampliar as zonas intervidas no ano 2020 ademais da "consolidación completa dun edificio para facer do xacemento un lugar visitable e de interese na comarca", segundo manifestou Mario Fernández-Pereiro, director da intervención. O ano pasado os arqueólogos localizaran o que parecían ser dúas épocas para edificio: unha primeira fase, máis inconcreta, de posible época tardoantiga, e outro periodo, ao que pertencen a maior parte das estruturas visibles, situada entre os séculos VIII e IX.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Entre o bo e o mellor

Entre o bo e o mellor

A nova campaña no castelo de Portomeiro abre novas incógnitas sobre o recinto civil mellor preservado da Alta Idade Media galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, USC, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos