O Centro de Estudos Fotográfico celebra o seu Cabodano cunha exposición

Poderá verse no Teatro Afundación de Vigo ata o vindeiro 6 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Imaxe de Cabodano. Fonte: Afundación

Imaxe de Cabodano. Fonte: Afundación

Hai agora tres anos o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo daba por rematado o seu labor editorial logo de 30 anos e 44 libros publicados. Agora, a conmemorar este aniversario, a entidade, que continúa o seu traballo de comisariado, presenta Cabodano, unha exposición na que Ana Soler, Fran Herbello e Joan Fontcuberta traballan sobre os libros publicados polo CEF baixo o comisariado de Manuel Cendón e Xosé Luís Suárez Canal. Dese hoxe, seis de febreiro e ata o vindeiro 6 de abril, a Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo acolle esta proposta, na que os visitantes poderán levar cadansúa publicación.

No marco desta mesma iniciativa desenvolveranse, na sala de conferencias da Sede Afundación de Vigo, unhas xornadas sobre libro de fotografía os vindeiros 4 e o 5 de abril. Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, Joan Foncuberta ou Enrique Lista abordarán diferentes aspectos deste traballo. Ademais haberá un encontro con editores galegos de libros de fotografía e unha mostra das súas publicacións.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Afundación de Vigo, Exposicións, Fotografía...