O Proxecto Costa da Morte chega ao Museo do Mar

Fran Herbello, Luis González Palma e Graciela Sacco interpretan esta área a través da fotografía

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fotografía de Luís González Palma para o Proxecto Costa da Morte

Fotografía de Luís González Palma para o Proxecto Costa da Morte

Os retratos dos náufragos do Bonito, en 1960, realizados pola exposición prolongada ao sol e á intemperie. As imaxes de barcos a navegar sobre camas e postais depositadas en Fisterra. Unha proxección do mar sobre táboas e un mural. Estas son as propostas que, partindo da fotografía, realizan Fran Herbello, Luís González Palma e Graciela Sacco no marco do Proxecto Costa da Morte, unha reflexión artística sobre este territorio a través da fotografía que promoveu o Centro de Estudos Fotográficos e mais o Foro Costa da Morte. Logo da súa estadía en Fisterra, a exposición chega ao Museo do Mar de Vigo, onde abrirá as portas o vindeiro venres 4 de febreiro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Fotografía, Fisterra...