A pintura e a fotografía, protagonistas nas galerías de Lugo e Ourense

As imaxes do home

As representacións das figuras humanas son as protagonistas das exposición estes días. No caso de Ourense, na Galería de Arte Visol a obra do pintor ruso, Yannis Kadrás exhibe a súa colección "Anthropos"; e por outra banda, en Lugo, Fran Herbello ofrece a súa colección surrealista de fotografía "A imaxe e a semellanza".

Desde Rusia



A figura humana espida, desposuída de adornos, o "Ánthropos" (que da título á colección) é o obxecto de representación da obra do ruso Yannis Kadrás. Chegado dende Tashkent, capital de Uzbekistán, expón en Ourense, influído pola súa relación con Kula Repani, unha pintora grega que ten un obradoiro en Tamallanco e Miguel Carballo.













Surrealismo




Detalles do corpo humán, dende o cabelo ata un home coa parte superior dos mulsos depilados e ataviado cun ligueiro, son parte da obra de Fran Herbello. Nado en Suiza pero residente en Pontevedra, Herbello presenta no edificio da Xunta en Lugo, unha colección de 31 fotografías que conteñen a esencia da vangarda e do surrealismo nunha colección que se chama "A imaxe e semellanza".