A compañÃa Malasombra Producións, estrea hoxe o seu novo espectáculo Bernarda no Padroado de Cultura Concello de Narón. Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja protagonizan esta obra sobre un texto orixinal de Jose Prieto, quen tamén dirixe, que recolle o punto de partida de La casa de Bernarda Alba, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente. A estrea será hoxe venres ás 20:30 horas e tamén haberá función mañá sábado 2 de febreir0, á mesma hora. Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga igual ca sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influencias dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da mocidade da época, e a súa reacción é clara: "Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como teñen que facerse."