
Unha selección de 80 facsÃmiles para amosar a riqueza do patrimonio literario e librario de Galicia e Portugal. Esta é a proposta da exposición
Bibliotecas no espello que abrÃa o pasado venres as súas portas na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. A iniciativa, que se enmarca no programa Nortear, "pretende reflectir a evolución conxunta dos dous territorios e a paulatina separación dos seus camiños nos últimos séculos, a través da súa produción literaria e editorial máis salientable", segundo explica a Xunta.
A nova exposición, que recolle obras desde o século XI ata a actualidade inclúe reproducións das
Cantigas de Santa MarÃa, o Códex Calixtino, Cantares Gallegos,
Los precursores,
Queixumes dos pinos ou mecanuscritos de José Saramago. A mostra estará aberta ata o vindeiro 19 de febreiro.