Dimite o equipo organizador de Redondela en Curto

A decisión pon en risco a celebración da XV xeira do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Dimite o equipo organizador de Redondela en Curto

Fernando Carreira Cuchi, director do festival Redondela en Curto acaba de presentar a dimisión do seu posto canda ao resto do equipo organizador deste evento. O cansazo, a falta de apoio das administracións e os problemas co interventor municipal están detrás, segundo recolle hoxe Faro de Vigo dunha decisión que pon en risco a continuidade dun festival que celebraría esta ano a súa décimo quinta edición. Aínda que Carreira apunta o seu desexo de que unha nova dirección recolla o traballo, considera difícil, por cuestión de calendario, que se poida desenvolver a edición prevista para este 2019.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Faro de Vigo

Claves

Entidades
Lugares