O Consello da Cultura traballará nun plan director para impulsar o Museo da Emigración

A acción exterior e a emigración, liñas máis destacadas do CCG no 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Consello da Cultura Galega traballará no impulso á imaxe exterior da cultura galega ao longo de 2019. o 9 de febreiro inaugurarase a exposición fotográfica "Os adeuses" en Ellis Island, a isla neoiorquina onde chegaban os emigrantes durante os séculos XIX e XX e onde hoxe se atopa un importante centro de memoria. E o CCG anunciou a posta en marcha da redacción dun Plan director, "no que buscará darlle un pulo destacado á creación dun Museo da Emigración". Así o anunciou no primeiro pleno do ano celebrado na institución, celebrado o xoves pasado. O Consello da Cultura Galega contará cun orzamento de 2 679 233 euros, 132 008 máis que en 2018.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves