A Academia Galega do Audiovisual acaba de presentar o seu anuario dixital Papeis da Academia correspondente ao ano 2018. A publicación abre cunha reportaxe na que se repasa o papel de Pilar Sueiro, Marta Villar, Luisa Veira, Beatriz Legerén, Margarita Ledo e Encarna Alonso nos comezos do cinema e do audiovisua galegos. Unha conversa cos investigadores Marta Pérez, Isabel Sempere e Iván Villarmea, a entrevista cos actores Melania Cruz e Iván Marcos ou un repaso dos proxectos en marcha de cara a 2019 son outras propostas que se poden atopar nesta entrega.