A Academia Galega do Audiovisual (AGA) ven de subir á rede un novo número da súa revista-anuario Papeis da Academia nun formato de estrea para esta edición. Nesta nova edición da publicación en liña a AGA ofrece, baixo a coordinación editorial de MarÃa Yáñez, contidos de actualidade, un repaso do que deu de si o 2017 e un avance do que está por vir neste ano que comeza. O tema de portada é a reportaxe Nacidos despois de Sempre Xonxa: a quinta so millennials renova o audiovisual galego, da propia Yáñez. A revista tamén ofrece unha entrevista ao novo director da academia, Miguel Mariño, que estrea o cargo antes inexistente e repasa en varios contidos a actividade da AGA neste ano pechado. O que deron de si os Premios Mestre Mateo e os festivais audiovisuais existentes na xeografÃa galega centran outros dos contidos destes Papeis da Academia.