Quiosco: Papeis da Academia, 6

A Academia Galega do Audiovisual reflexiona sobre a súa traxectoria no seu anuario

28/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Co obxectivo de conseguir en 2013 os cincocentos académicos, a Academia Galega do Audiovisual cumpre dez anos. No último número da revista que edita, Papeis da Academia, lembra os fitos desa década de traballo da man de membros das diferentes xuntas directivas desde a súa constitución en 2002. Canda esa revisión da súa propia traxectoria, documenta algunhas das actividades realizara este ano como o seu Foro ou os premios Mestre Mateo. Ademais, esta edición do disco As músicas da Academia céntrase en Piti Sanz e o seu traballo tanto en filmes (A noite que deixou de chover, 18 comidas…) series e programas de televisión no que ten participado.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

22/10/2009

Quiosco: Papeis da Academia

Sánchez Izquierdo fala da G2 no último número da publicación da Academia Galega do Audiovisual

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Piti Sanz, Premios Mestre Mateo