Quiosco: Papeis da Academia Galega do Audiovisual

O anuario desta entidade opta polo formato multimedia para a súa nova entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Está xa na rede a nova entrega dos Papeis da Academia Galega do Audiovisual. O anuario desta entidade opta nesta ocasión por un formato multimedia, no que predomina o vídeo. Entre os contidos, destaca unha reportaxe sobre a situación laboral das actrices e dos actores galegos que recolle entrevistas a dez intérpretes de diferentes xeracións. Canda a isto, a sección Músicas da Academia achega unha ampla entrevista ao compositor Manuel Riveiro, acompañada por unha selección dos seus traballos. Ademais, a publicación fai un repaso polas actividades que ten previstas a Academia para 2017 e achega un artigo de Diego Lamas sobre diversidade funcional e novas tecnoloxías da imaxe.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Papeis da Academia

Quiosco: Papeis da Academia

O anuario da Academia Galega do Audiovisual reflexiona sobre como a pandemia afectou ao sector

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Manuel Riveiro

Claves

Protagonistas