A proxección exterior e a formación centrarán as actividades da Asociación de Editoras en 2018

O gremio galego acudirá á Feira de Boloña con posto e catálogo propios

28/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editoras adiantou a través do seu web os que pretenden ser os seus eixes de acción de cara a 2019. Coa formación e a proxección exterior como base, o gremio editorial galego adianta a súa presenza na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña cun posto propio, logo de avaliar positivamente a experiencia do pasado ano. Ademais deste posto, para o que conta coa colaboración da sociedade de xestión de dereitos CEDRO, o colectivo publicará un catálogo coas principais novidades das empresas asociadas que tamén se empregará na Feira de Frankfurt. A AGE adianta, no entanto, que decidirá entrado o ano o xeito no que estar presente neste último evento e mais no Liber de Madrid, se en solitario ou en colaboración coa Xunta, como era habitual ata este 2018.

En canto a formación, a AGE anuncia actividades para dotar de coñecementos aos seus socios no ámbito da venda de dereitos e adianta que unha das principais actividades previstas para os vindeiros doce meses será a organización do Simposio Anual do Libro e a Lectura.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Boloña, AGE, Feira do Libro...