O Teatro Principal exhibe cinco títulos que foron bloqueados polo mercado

Ciclo de cine "politicamente incorrecto" no Principal

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Escapar do moralmente establecido nas relacións sociais e morais actuais son os motivos que relegaron do ciruito comercial os cinco filmes que se exhiben ó longo de toda esta semana no Teatro Principal

Títulos prohibidos

"Hapinness" de Todd Solondz abreu o ciclo de cine onte tratando a felicidade nos EEUU. Hoxe é o día de "Hurlyburly", de Anthony Drazan, no que fai unha crítica á condición de executivo. Ás 20:30, "Os cinco sentidos" de Jeremy Podeswa recupera historias de cinco personaxes que buscan contacto humán. A sesión de hoxe remata ás 23:00 coa proxección de " Compañía de homes" de Neil LaBute, cunha provocación á minusvalía e o xénero feminino. O ciclo complétase mañá coa proxección de "Miss Mondy", de Benson Lee no que retratan a unha muller de negocios.

Antesala de Cine Europa

O ciclo de cine "Políticamente Incorrecto", resulta a antesala que precede ó festival "Cineuropa", que ten previsto o seu inicio o vindeiro mes de novembro. Un festival que este ano presenta novidades con respecto a outros anos, xa que é o filme máis votado polo púlico recibirá unha dotación económica dun millón de pesetas para a empresa distribuidora. "Cineuropa" chegará ó Teatro Principal do 1 ó 30 de novembro

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Ouff, no límite

Ouff, no límite

Ourense exhibirá filmes que reflexionan sobre os límites morais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cine, Cineuropa, Xénero...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares