Falece a catedrática de xeografía Pilar Torres Luna

Era especialista na xeografía rural de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Era unha das científicas que mellor coñecía a xeografía do rural galego, as parroquias, a montaña e as aldeas do país. A catedrática de xeografía da Universidade de Santiago Pilar de Torres Luna faleceu o pasado día 20 de decembro. Detrás deixa unha longa lista de discípulos e alumnas que viaxaron con ela por toda Galicia. Algunhas das súas obras foron Parroquias y arciprestazgos de Galicia (2004) ou A montaña galega. O home e o medio (1993).

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Escritor de topografías

O Consello da Cultura Galega homenaxea ao profesor Francisco Río Barja, gran divulgador da xeografía galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeografía

Claves

Conceptos