Logo de tres anos sen se celebrar, Compostela acollerá este sábado 22 de decembro unha nova edición da Santa Bolaña, a procesión profana en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A celebración comezará ás 17:00 horas no barrio dos Pelamios e, da man dunha tropa de músicos e acróbatas percorrerá as rúas do caso vello compostelán, con paradas no centro social A Gentalha do Pichel, na Casa do Matadoiro, no Cantón de San Bieito e na Praza de Abastos, ademais de pausas en tabernas e locais que atope no camiño. En cada unha das catro pausas previstas haberá intervencións teatralizadas a cargo de Zé Paredes, Mónica Camaño, Lucho Penabade e Esther F. Carrodeguas, rematando o paso no vestÃbulo do Teatro Principal coa lectura colectiva do manifesto poético-dramático da procesión.
Os participantes poderán participar nun sorteo de produtos culturais e poderán adquirir cun libreto editado para a ocasión por Edicións Positivas no que se recollen textos de Esther F. Carrodeguas, Ana Carreira, Roi Vidal Ponte, Mónica Camaño e o Grupo Oportunista de Drama G.O.D. "Flavia Antonia" por 5 euros.