Compostela acollerá a primeira homenaxe a Vidal Bolaño

Celebrarase o vindeiro 27 de outubro no Salón Teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Xa antes de que comeze o ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas, o homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño terá a súa primeira homenaxe este outono en Compostela. Segundo informa Praza Pública o Salón Teatro de Compostela acollerá o vindeiro 27 de outubro un acto que quere lembrar todas as dimensión do dramaturgo. Números teatrais ou musicais farán parte dun acto conducido por Carlos Blanco e no que está confirmada a presenza de Magnifique Band, O Leo, o grupo Chévere ou García, entre outros. Segundo recolle Praza o propio fillo do autor, Roi Vidal, está a traballar nunha biografía do seu pai que se agarda vexa a luz o vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Carlos Blanco...