Unha procesión pagá lembrará a Vidal Bolaño

A Procesión da Santa Bolaña incluirá representacións de fragmentos das súas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cartel da Procesión da Santa Bolaña

Cartel da Procesión da Santa Bolaña

Co lema Procesión da Santa Bolaña. De tazas con Roberto Vidal Bolaño varios colectivos sociais de Compostela organizan para o vindeiro sábado dia 15 de Decembro un percurso pola cidade en homenaxe ao dramaturgo. Segundo adianta a descrición da actividade, o grupo "Facendo fe de puro paganismo recorrerá as rúas de Compostela entre cánticos e ladaíñas profanas facendo parada e via crucis en distintos bares da zona vella, onde o público asistente vai recrear, entre viño e viño, varios fragmentos da obra de Roberto".

O proxecto conta coa participación de Víctor Mosqueira, Clara Gayo, Chiqui Pereira, Xesús Ron e Carlos Santiago e rematará no Pub Avante cunha foliada e un concerto de concerto de Leo Arremecaghoná e García DKTC. No mesmo día, pola mañá, haberá unha charla sobre o dramaturgo na libraría Couceiro, a cargo de Paco Macías, de Edicións Positivas. A saída do percurso será ás seis da tarde no local da Asociación Veciñal As Brañas de Andrés, nos Pelamios.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Carlos Santiago, Xesús Ron, Clara Gayo...