Unha "novela de entretemento e evasión", ligada á literatura "pulp" e na que se abordan temas moi diversos e que emprega a ruta xacobea para falar doutras cuestións. Asà definiu Carlos Meixide Camiño de paixóns, a obra coa que onte se facÃa co Premio de Novela Camiño de Santiago na súa primeira edición. O autor recibirá 6.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada tanto en galego como en castelán antes do próximo verán da man da editorial Galaxia. Ao certame, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica e a Editorial Galaxia, e o patrocinio da empresa Naturgy, concorreron 16 obras nesta primeira xeira.