A RAG reivindica a poesía relixiosa de Samuel Eiján

Unha xornada en Compostela e a publicación dun libro revisan a figura deste autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A RAG reivindica a poesía relixiosa de Samuel Eiján

O Convento de San Francisco, en Compostela, acolle na tarde de hoxe a xornada Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega. A Real Academia Galega recupera a figura deste frade e membro do plenario da RAG desde 1941 que destacou como autor de poesía relixiosa na nosa lingua. Segundo lembra a Academia, "o relixioso franciscano escribiu parte da súa obra en galego e converteuse axiña nun referente para a intelectualidade do momento, pero a súa creación e a súa figura ficaron esquecidas nos últimos tempos fóra do ámbito dos especialistas". O encontro finalizará coa presentación, ás 19:00 horas, de Samuel Eiján. Poesía reunida, un traballo de Francisco Leira e Armando Requeixo que compila as composicións na nosa lingua deste autor e que ve a luz mercé a colaboración entre a RAG, a Xunta de Galicia e a Provincia Franciscana de Santiago.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Armando Requeixo, Plenario, Real Academia Galega...