O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas cambia nesta ocasión de datas pensando no público. Así o contou Daniel Froiz, director executivo do certame, na presentación desta terceira edición que dará comezo o vindeiro martes e será case unha semana na que se poderán ver 13 filmes que son estreas en Galicia. O festival abrirase coa proxección de Apuntes para una película de atracos, o último filme do cineasta Elías León Siminiani. Ademais, o festival continuará xirando arredor do seu eixo principal: os primeiros e segundos filmes de cineastas procedentes de todo o mundo, pero tamén cun oco especial para o noso audiovisual. Cineastas como Jaione Camborda, Eloy Domínguez, Eloy Enciso, Diana Toucedo formarán parte da programación e visitarán a cidade para proxectar ou conversar arredor das súas últimas obras.
O festival porá esta vez o foco sobre o traballo dunha das cineastas máis carismáticas do cinema europeo contemporáneo dedicándolle unha retrospectiva á lisboeta Teresa Villaverde. Ademais, tamén haberá espazo para o asesoramento e desenvolvemento de proxectos, nesta edición cun #LAB protagonizado polos últimos traballos de Ángel Filgueira, Alberto Martín Menacho, Andrés Sanjurjo, Malena Solarz. Ademais disto, tres cineastas galegos que se atopan en proceso de desenvolvemento dos seus novos proxectos Luis Bértolo, Toño Chouza e Anxos Fazáns, participarán nas Consultas Abertas e outras actividades do #LAB e #Encontros do festival en calidade de convidados especiais. Como broche final e para as #NOITES desta terceira edición, o festival artellará en colaboración coa Sala Karma unha programación musical que aglutinará propostas moi variadas: pinchada do Galician Bizarre, concertos de bandas como Selvática, Pantano, Trompas de Farlopio, Glitter & Litter, Esposa, Disco Las Palmeras! ou Rayotaser.
Seguen subindo as axudas a festivais audiovisais
Durante a presentación desta terceira edición do evento cinematográfico o director da Agadic, Jacobo Sutil, anunciou que as subvencións da Xunta a festivais audiovisuais, convocadas cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), estarán dotadas en 2019 con 170.000 euros, cifra que supón un incremento dun 21% respecto dos 140.000 euros adxudicados este ano. Este novo aumento reforza a situación ascendente que esta liña de axudas veñen segundo e equipara a porcentaxe de subida levada a cabo en 2018 do 21,7% respecto a 2017, os anteriores incrementos no seu orzamento foron do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016. Sutil adiantou ademais que a nova convocatoria se fará pública nas vindeiras semanas.
Programación Novos Cinemas 3.O festival porá esta vez o foco sobre o traballo dunha das cineastas máis carismáticas do cinema europeo contemporáneo dedicándolle unha retrospectiva á lisboeta Teresa Villaverde. Ademais, tamén haberá espazo para o asesoramento e desenvolvemento de proxectos, nesta edición cun #LAB protagonizado polos últimos traballos de Ángel Filgueira, Alberto Martín Menacho, Andrés Sanjurjo, Malena Solarz. Ademais disto, tres cineastas galegos que se atopan en proceso de desenvolvemento dos seus novos proxectos Luis Bértolo, Toño Chouza e Anxos Fazáns, participarán nas Consultas Abertas e outras actividades do #LAB e #Encontros do festival en calidade de convidados especiais. Como broche final e para as #NOITES desta terceira edición, o festival artellará en colaboración coa Sala Karma unha programación musical que aglutinará propostas moi variadas: pinchada do Galician Bizarre, concertos de bandas como Selvática, Pantano, Trompas de Farlopio, Glitter & Litter, Esposa, Disco Las Palmeras! ou Rayotaser.