O filme Arima, de Jaione Camborda abre este martes dez de decembro a cuarta edición de Novos Cinemas, o festival audiovisual de Pontevedra. O evento dedicado a creadoras e creadores emerxentes fechará as súas portas o vindeiro dÃa 15 coa proxección de Longa noite, de Eloy Enciso. Canda a eles, dentro das propostas galegas, Alfonso Zarauza presentará Ons e Helena Girón e Samuel Delgado darán a coñecer o seu Eles transportan a morte. No programa destaca tamén o ciclo que se lle dedica a Bas Devos, no que se repasarán os seus tres filmes ou a presentación do proxecto Cinegalicia 2019, a homenaxe ás longametraxes fundacionais do cinema galego por parte de artistas de diferentes disciplinas.
Na sección oficial do Novos Cinemas deste ano danse cita nove producións, todas elas primeiras ou segundas longametraxes, case na súa totalidade inéditas en Galicia. Bait, Blanco en blanco, Douze mille, Enquanto estamos aquÃ, Giraffe, LÃle aux oiseaux, Lost holiday, Ne croyez surtout pas que je hurle e Serpentario competirán polos galardóns. Pola súa banda a sección Latexos recolle os filmes Actos de primavera, De los nombres de las cabras, Enero, La educación sentimental e Las facultades.
Canda a isto, o evento pontevedrés contará coas habituais seccións formativas e espazos como o LAB, que pon en contacto cineastas noveis e profesionais de recoñecida traxectoria para desenvolver proxectos internacionais.