Máis do 35 por cento dos directivos culturais en Galicia foron nomeados por libre designación

Un informe do CCG analiza a provisión de postos directivos no ámbito cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Máis dun 35% dos directivos de entidades culturais foron designados por procedemento de libre designación. Así o analiza un informe do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega que investiga o xeito no que as entidades culturais se dotan dos seus responsables directivos. A análise, que estuda tanto institucións públicas como privadas, amosa que "nun 26,1% dos postos non hai transparencia suficiente para determinar o procedemento e no 9% utilizouse outro tipo de nomeamento". O informe tamén sinala que no 29,5% das prazas directivas optouse pola forma do concurso público. Nas recomendacións do informe o CCG pula por "impulsar un debate para estudar en profundidade a complexidade do fenómeno da provisión de postos directivos no ámbito cultural dende unha perspectiva legal, social e política".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cultura que se aprende nas aulas

A cultura que se aprende nas aulas

O informe " Ensinanzas do ámbito cultural. Setembro de 2022" analiza a evolución dos ensinos vencellados ao eido cultural na última década

Ti a Twitter, eu a Facebook

Ti a Twitter, eu a Facebook

Un informe do Observatorio da Cultura Galega estuda as diferencias de xénero na cultura galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega