Máis lectoras que os homes, máis consumidoras de teatro, música clásica ou contacontos pero cunha posición laboral máis precaria cando traballan no ámbito cultural. Estas son algunhas das conclusións do informe Mulleres e Cultura, feito público polo Observatorio da Cultura Galega do CCG, que analiza as diferencias de xénero no sector da cultura, tanto no mundo laboral como nos hábitos de consumo, e mesmo as preferencias en redes sociais.
As principais conclusións deste estudo destacan que as mulleres galegas len mais ca os homes (26,3% fronte a un 21,8%), mesmo superan a media de lectura española. Con todo, a maior parte do tempo (78,9%) destinado a actividades culturais ao longo do dÃa é para ver a televisión, DVD ou vÃdeos. En canto ao que ven neles, os homes tenden a ver máis documentais e programas deportivos que as mulleres, que prefiren series, programas de entretemento, concursos e telenovelas.
En canto aos seus hábitos, as mulleres asisten con máis frecuencia ás bibliotecas (629.267 mulleres fronte a 449.984 homes), ao teatro (22,2% fronte a un 19,8%), a concertos de música clásica ou ópera (un 13,4% fronte a un 12,4%), a funcións de monicreques, sesións de contacontos (25,5 fronte a un 24,3%).
Emprego das mulleres
O informe destaca que a situación das mulleres no eido cultural está determinada por unha estacionalidade que lles afecta máis ca aos homes. Os datos da Enquisa de poboación activa analizados polo Observatorio establecen que hai unha tendencia decrecente na porcentaxe de mulleres entre o primeiro trimestre de 2010 e o terceiro de 2013. O emprego cultural total en Galicia en 2013 supón 23.00 persoas, un 2,3% do total.
En xeral, as ocupacións culturais máis contratadas en Galicia son a epÃgrafe da composición, música e cantantes, con máis de 19.374 contratos anuais, seguidos de lonxe polos actores e os técnicos de gravación audiovisual. No entanto, son as profesións relacionadas coa filoloxÃa, interpretación e tradución nas que máis se contrata mulleres. Oito de cada dez novos contratos neste sector son para mulleres.
Por tipo de contrato, constátase a tendencia á baixa de contratos indefinidos. Tanto nas actividades artÃsticas, recreativas e de entretemento como nas de economÃa, os homes seguen a ter máis contratos indefinidos que as mulleres. Con todo, adoita ser máis frecuente que sexan mulleres as que cubran contratos de interinidade.
No que afecta ao paro, o informe constata que se contén a porcentaxe de mulleres en situación de demandantes de emprego no ámbito cultural malia que as cifras totais seguen a ser de descenso.
A sociedade da información
O informe dedica un apartado especÃfico ao uso da sociedade da información polas mulleres. Como norma xeral, as mulleres galegas usan menos o ordenador e Internet ca os homes (64,8% fronte ao 68,1% e 62,8% fronte a 67,9%, respectivamente) e compran menos por Internet (cunha diferenza de 7,2 puntos). Pero esta afirmación matÃzase vendo as franxas de idade, xa que o 100% das mulleres entre 16 e 24 anos manexa o ordenador, fronte a un 95,7% de homes.
As mulleres usan máis que os homes o servizo de mensaxerÃa instantánea (91,3% fronte ao 89,7%) e tamén usan máis e con máis frecuencia as redes sociais (77,5% fronte ao 68,7%). Elas prefiren Facebook, Tuenti e Pinterest e eles Twitter, Google Plus e Linkedin.
Ensino do ámbito cultural
Dos centros docentes que existen en Galicia relacionados coas profesións culturais, apréciase unha tendencia clara de alumnado feminino (62,9% dos matriculados son mulleres), mentres que o profesorado segue a ser predominantemente masculino. O informe destaca que a porcentaxe de mulleres entre o profesorado non superou o 40% en ningún curso.
Fontes estatÃsticas
Para a elaboración deste informe, o Observatorio tomou os datos do Instituto Nacional de EstatÃstica (Enquisa de emprego do tempo 2009-2010), do Instituto Galego de EstatÃstica (Enquisa de condicións de vida das familias. Ocio e hábitos culturais), do Instituto Galego da Cualificacións, da Enquisa de Poboación activa do Servizo de Público de Emprego e do AIMC.