O director de cine alemán, Florian Henckel, gañador do Óscar apelÃcula de fala non inglesa en 2006 por A vida dos outros foi o gañador do premio do público de Cineuropa naquel ano con esa pelÃcula e agora volve a selo con Obra sen autor, outro drama en tempos de fronteiras e coa arte como mecanismo de guión que representa esa pugna entre a liberdade e a opresión, entre a memoria e o soterramento. Doce anos despois o público de do 32 Cineuropa volveu recoñecer o bo facer do cineasta outorgándolle a Obra sen autor a mellor puntuación dos filmes que conforman a Sección Oficial Europea en cada un dos seus tres pases.
Mais o de Henckel non foi o único galardón desta 32ª edición do Festival. O concelleiro de Educación, Manuel Dios Diz, entregou o Premio Dereitos Humanos ao filme documental Last men in Aleppo, do cineasta sirio Feras Fayyad. Pola súa banda o Xurado Novo de Cineuropa outorgou os Premios do Xurado Novo de seis categorÃas. Como mellor filme escolleron Longa viaxe do dÃa cara á noite, de Bi Gan; e outorgáronlle o premio á mellor dirección a Claire Denis por High Life; mellor guión para Peter Strickland por In fabric; mellor interpretación feminina para Alina Nasibullina, protagonista de Cisne de cristal; e mellor interpretación masculina para Félix Maritaud por Sauvage. Alén destes premios, os sete mozos e mozas do Xurado Novo recoñeceron cunha mención especial a ópera prima de Alisa Berger, Os corpos dos astronautas. Con este palmarés rematou unha edición que tivo como eixo temático a necesidade de xerar debate con todas aquelas pelÃculas que no seu momento supuxeron unha transgresión aos valores da moral ultraconservadora.