No XXI Saló del Còmic de Barcelona, Miguelanxo Prado atraeu tanta atención polas súas obras como polas novidades do Salón da Coruña, do que é director
Prado en Barcelona
Como vén sendo habitual, Miguelanxo Prado estivo presente este ano no Salón do Cómic de Barcelona, esta vez para asinar exemplares da terceira edición do seu álbum “Tanxencias” e do tomo que recompila a súa obra completa “QuotidianÃa delirante”, ambos os dous publicados por Norma Editorial. Outra editorial con autores galegos no seu catálogo é a asturiana Dude Comics, que anunciou no Salón que entre as súas próximas novidades estará o Libro II de “Profundo”, escrita e debuxada polo autor coruñés José Gimeno. Aparecerá a primeira semana de xuño.
O que se di de Viñetas 2003
A presencia de Prado, director do Salón de Cómic da Coruña, serviu ademais para disparar os comentarios sobre as caracterÃsticas e convidados da vindeira edición. Parece ser que se confirma a presencia de dous pesos pesados do mercado internacional, nin máis nin menos que Neil Gaiman (“Sandman”) e Dave McKean (“Cages”). Outros nomes que estarÃan este ano na Coruña serÃan o autor portugués José Carlos Fernandes (“A pior banda do mundo”), asà como Manel Fontdevila e o tándem creativo de “Blacksad”, Juanjo Guarnido e Juan Diaz Canales. Finalmente, prepáranse exposicións sobre a catástrofe do Prestige e sobre os conflictos bélicos reflectidos na novena arte.
Hai que lembrar que hai tempo que é público que Neil Gaiman e Miguelanxo Prado comparten un proxecto, titulado “Endless Nights” ("Noites eternas") e que ten data de saÃda prevista en EEUU para setembro de 2003. Ambientado no universo do moi recoñecido "The Sandman", trátase dun libro composto de relatos breves escritos por Gaiman e deseñados por autores internacionais de primeira fila, como Moebius, Milo Manara ou Bill Sienkiewicz. O autor galego debuxa o relato protagonizado por Morfeo, a figura principal desta galerÃa.
Viñetas desde o Atlántico repetirá este ano espacios de localización: a Sala Salvador de Madariaga na Rúa Durán Loriga, o Pazo Municipal de MarÃa Pita, e o Kiosko Alfonso, nos XardÃns de Méndez Núñez. A cita para todos os amantes da banda deseñada será do 11 ao 17 de agosto na cidade da Coruña.