A RAG lembra a Gramática gallega de Saco e Arce en Ourense

A cidade recibe os restos do histórico galeguista Rodolfo Prada

Gravado de Saco e Arce. Fonte: RAG
Gravado de Saco e Arce. Fonte: RAG
Neste 2018 cúmprense 150 anos da publicación da Gramática Gallega de J. Antonio Saco Arce, un texto pioneiro na investigación sobre a nosa lingua. A Real Academia Galega conmemora este aniversario cun ciclo de homenaxe mañá, 22 de novembro, en Ourense. Unha exposición sobre o autor e a súa obra e mais unha xornada na que sete voces abordarán a biografía de Saco e Arce e afondarán na súa gramática desde diferentes perspectivas centran a celebración. Juan L. Saco Cid, Antón Santamarina, Teresa López, Francisco X. Dubert García, Xosé A. Fernández Salgado, Xurxo Martínez e Ernesto González Seoane serán os participantes.

En paralelo, a Deputación de Ourense celebra esta mañá o acto institucional de recepción dos restos mortais do académico correspondente e histórico galeguista Rodolfo Prada Chamochín. A entidade provincial apoiou o traslado dos restos deste persoeiro, grande protector de Castelao no exilio, impulsor da unificación da asociacións galegas en Arxentina e presidente do Centro Gallego de Bos Aires. Agora, en cumprimento da súa propia vontade e a de María Elena Prada, a súa neta, os seus restos destacarán na súa provincia natal.