Quiosco: Ligeia 2

A revista literaria presenta unha selección de 27 poetas latinoamericanos na súa segunda entrega

Baixo o lema "O corpo e as sombras" como homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón a revista Ligeia presenta o seu segundo número. A revista de literatura, xornalismo e investigación achega un volume de 102 páxinas, textos de 21 países, 6 idiomas e case 80 autores. Entre os contidos máis destacados da entrega está unha selección de traballos de 27 poetas latinoamericanos ou unha escolma de poetas españolas contemporáneas. Unha entrevista a Andrés Goteira e outra a Lucía Novás, a bosnia Enesa Mahmic como poeta convidada, textos a cargo de Ramón Rozas, Xavier Queipo, Tamara Andrés, Antón Sobral ou Lois Alcayde e unha sección de creación galega son algunhas das propostas que se poden atopar no número.