Logo de catro edicións a recuperar a memoria da loita obreira de Ferrol na forma de roteiros guiados, o proxecto Ferrol Rebelde dá un paso máis e salta ao audiovisual. Ferrol Rebelde: Cen anos de historia obreira é o tÃtulo do documental que se presenta este xoves 15 de novembro no Teatro Jofre da Cidade Departamental e que percorre os lugares e os testemuños dos conflitos de clase e da represión que se viviu na zona. A cooperativa Rexenerando, responsable dos roteiros, en colaboración con NUMAX e da man do realizador Pablo Cayuela son os responsables deste filme. Unha gala, con presenza de MarÃa Manuel e de Ezetarre, arroupará a presentación do filme.