Convocan a terceira edición de Rutas de Historia

Son oito roteiros qe se celebran entre o 14 de setembro e o 16 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O portal historiadegalicia.gal convoca a terceira edición do programa "Rutas de Historia", un proxecto de "turismo histórico" co obxectivo de "recuperar ese patrimonio oculto que atesoura Galicia". Os roteiros comezan o 14 de setembro en Coirós e rematan o 16 de novembro, Día Mundial do Patrimonio, cun roteiro sorpresa. Os roteiros son terrestres, pero como novidade estes anos hai un marítimo pola ría de Ferrol e outro noturno, polos petróglifos de Teo. Outras opcións inclúen unha visita á Pena Furada e Santa Mariña de Lesa, en Coirós (A Coruña), un paso polo "Ferrol rebelde: 100 anos de historia obreira", outro polos castros costeiros da Mariña luguesa, polas "augas sagradas" de Cuntis (Pontevedra), pola fusión de literatura e historia en Dodro (A Coruña), ou ao castelo de Santigoso, na Mezquita (Ourense). A inscrición aos roteiros é obrigatoria no web www.rutasdehistoria.gal e as prazas son limitadas.

Serán oito roteiros que percorrerán as catro provincias galegas. Comezarán o
vindeiro 14 de setembro e rematarán o 16 de novembro

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ferrol, Castelo, Turismo...