Compostela volve a pasear coas letras

Haberá catro roteiros literarios ata o 5 de outubro

12/9/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
A Asociación de Escritores/as en lingua galega organiza un ciclo de percorridos literarios por Compostela, que procuran outra ollada á historia e xeografía da cidade. Os roteiros, que comezan o 14 de setembro, percorrerán a cidade da man de catro escritores do país. Esperanza Mariño fará un roteiro polos espazos biográficos de Isaac Díaz Pardo, Daniel Asorey trasladará a Compostela portuaria de Nordeste, Riveiro Coello percorrá os escenarios de Os elefantes de Sokúrov e Marta Dacosta propón o percorrido "Crear o mar en Compostela". Os roteiros son os xoves ás 18 horas ata o 5 de outubro e hai que inscribirse previamente.

Universo culturagalega.gal