A Coruña súmase á recuperación de espazos urbanos con arte

A iniciativa Ruarte inclúe a realización de sete murais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Proxecto de mural de Salvador Aneiros para Eirís

Proxecto de mural de Salvador Aneiros para Eirís

Salvador Aneiros, Iria Fafián, Xulia Pisón, Leo López, Sekone, Paula Fraile e mais os colectivos Sen ánimo de nome e Kasomiso crearán murais en sete espazos da cidade da Coruña. O Concello presentaba o pasado venres a iniciativa Ruarte, co que a cidade se suma á tendencia de recuperar espazos degradados ou abandonados con creacións pictóricas. O proxecto, que conta cun orzamento de 60.000 euros comezará cunha intervención sobre o depósito de auga de Monte Alto e irá desenvolvéndose de xeito progresivo. Segundo adiantou a concelleira de Medio Ambiente, María García, o proxecto ten vocación de continuidade e está previsto que se realicen dous murais máis, dentro da acción do departamento de Igualdade e Diversidade.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando os muros se fan murais

Cando os muros se fan murais

As artistas Roberta Venanzi e Paula Fraile elaboran grandes murais para embelecer a trama urbana de Carballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Iria Fafián, Igualdade

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares