Mediante unha votación unánime, o Parlamento de Galicia acordou instar á Xunta a adoptar as medidas necesarias para solicitar a admisión do noso paÃs como membro da Comunidade dos PaÃses de LÃngua Portuguesa. A totalidade dos 73 deputados e deputadas presentes na sesión plenaria do Parlamento de Galicia do pasado 9 de outubro votaron a favor desta proposta, que reclama ademais que estas accións se desenvolvena "antes de finalizar a presente lexislatura". No mesmo acordo, a cámara instou ao Goberno a "desenvolver de maneira real e efectiva a Lei Paz Andrade para o aproveitamento da lingua e cultura portuguesas convocando prazas docentes de portugués na vindeira oferta pública de emprego dirixida ao ensino e a dotar de orzamento nas contas para 2019 a aplicación desta lei".