A ILP Paz Andrade preséntase no Parlamento con 17.000 sinaturas

Solicita a incorporación do portugués ao sistema de ensino e medidas de achegamento á lusofonía

8/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
19 lecturas | Compartido 0 veces

Seis meses despois da súa presentación, os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade presentarán esta tarde no Parlamento de Galicia as 17.000 sinaturas que permitirán comezar a súa tramitación parlamentar. O proxecto propón que se incorpore de xeito progresivo o portugués no ensino galego, ademais de medidas que garantan a recepción de radios e televisións portuguesas no noso país, ou a participación de institucións e empresas galegas en foros económicos, culturais e deportivos da lusofonía. A proposta deberá continuar agora o seu trámite parlamentario ata a votación.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía, Portugués, Ensino, Valentín Paz Andrade...

Claves

Protagonistas
Lugares