A editorial Kalandraka crea unha canle audiovisual en Internet

Kalandraka.tv achegará novas e reportaxes sobre literatura infantil e xuvenil

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A editorial Kalandraka crea unha canle audiovisual en Internet

Pontevedra acollía onte a presentación de Kalandraka.tv, a canle audiovisual en Internet que acaba de presentar a editora. O novo proxecto achega novas, reportaxes, entrevistas, booktrailers e outros contidos sobre literatura infantil e xuvenil, orientados tanto ao público lector máis novo como a librarías, bibliotecas ou profesionais deste ámbito. Visitas aos obradoiros de creadores, repasos da traxectoria de clásicos das letras, encontros entre escritores e ilustradores ou visitas a lugares dedicados aos libros para crianzas, así como información das novidades da propia editora, son algunhas das propostas que se poden consultar xa no web desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Internet, Literatura, Clásicos...