Por segundo ano, a Cidade Vella da Coruña acollerá, entre o 28 e o 29 de setembro, ffoco2, o festival de fotografía que quere ser "un punto de encontro profesional e amador onde abordar o estado actual da fotografía documental en Galicia, así como nunha plataforma de visibilidade para novos creadores e os seus proxectos". O programa inclúe presentacións, obradoiros, unha feira editorial con presentacións a cargo de María Vérez, Luis Pereira, Iago Fernández Díaz, Enrique Lista, Héctor Pose ou José Baldomir e mesmo unha sesión de proxeccións fotográficas na Praza de Azcárraga de autores como Nina Korhonen, María Abenia, Felipe Abreu, Isra Cubillo, Ángel Manso, Tania Martz, María Moldes, Marta Moreiras, Carlos Puga e Lúa Ribeira. A Sala Nautilus acollerá as mostras Vázquez Veiga. Do marabilloso achado duns negativos centenarios na casa da tía Lolita de Lucía Gutiérrez Vázquez, ademais de encontros con Manuel Sendón, do Centro de Estudos Fotográficos. Unha performance de música electrónica e videocreación fechará o encontro.