A axenda cultural da Coruña para o final do mes de setembro chega con dúas estreas que amosan o pulo da cultura visual na Cidade Herculina. Os días 29 e 30 deste mes celébrase, da man da Asociación Acolá e co apoio do Concello, FFoco. Este novo festival de fotografía mestura a creación a cargo de artistas como Laia Abril, Judith Adataberna, Carla Andrade, Eva Díez ou Iván Nespereira con obradoiros de formación e iniciativas de recuperación da memoria visual da Cidade Vella herculina.
A coincidir con este evento, o día 30 o colectivo Miñoco organiza a Graphic Jam, un novo evento que se define como "un punto de encontro -ou networking- para os creadores gráficos" de diferentes disciplinas. O Centro Ágora acolle esta xornada aberta cun programa que comprende obradoiros, charlas, cunha mostra multidisciplinar, cunha zona de mesas sectoriais e un speed dating para creadores noveis. Ilustración, animación, videoxogos, edición, publicidade ou o audiovisual danse cita nesta nova proposta.