Xeración perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña é unha base de datos e un conxunto de documentación gráfica que ten por obxectivo "recuperar a historia das corporacións municipais que en tódolos ámbitos do territorio da provincia da Coruña fixeron fronte ao golpe militar de 1936". A información, publicada nun web da deputación, inclúe referencias dos concelleiros e alcaldes e a súa situación durante o golpe de Estado, asà como referencias bibliográficas e información multimedia.