A Festa do Albariño acada a declaración de Interese Turístico Internacional

A celebración de Cambados é a décima que obtén a distinción

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Festa do Albariño acada a declaración de Interese Turístico Internacional

O Concello de Cambados facía onte pública a declaración da Festa do Albariño de Cambados como de Interese Turístico Internacional. O encontro dedicado ao viño, que celebrou este ano súa 66 edición, convértese así na décima festa galega e na primeira de carácter enogastronómico no país que acada esta distinción. A Secretaría de Turismo do Ministerio de Industria e Turismo envioulle ao concello unha comunicación na que informa de que outorga este título honorífico á celebración logo do informe favorable da Xunta sobrea mesma. A responsable local de Turismo, segundo informa La Voz de Galicia anunciou a súa intención de procurar agora novas declaracións para outras celebracións que se desenvolven no Concello.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Concello de Cambados, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares