O Ministerio de Industria, EnerxÃa e Turismo acordou outorgarlle esta fin de semana á festa de San Xoán da Coruña a categorÃa de celebración de Interese TurÃstico Internacional. Esta declaración honorÃfica daralle unha maior proxección á multitudinario evento que congrega milleiros de persoas nas praias da Cidade Herculina arredor das fogueiras na noite do 23 de xuño. Arredor desta noite, o Concello artella anualmente unha intensa programación lúdica e cultural que se desenvolve ao longo de 10 dÃas e que supón un dos grandes eventos da cidade.
Esta é a oitava celebración galega que acada o recoñemento do Ministerio, logo das Festas do Apóstolo en Compostela, a RomarÃa Vikinga de Catoira, o Festival de Ortigueira a Rapa das Bestas de Sabucedo, o Corpus de Ponteareas e mais as semanas santas de Viveiro e de Ferrol.