O San Xoán e o Arde Lucus marcan a axenda festiva da fin de semana

A festa romana da Cidade da Muralla amplía as súas propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A fin de semana galega vén marcada sen dúbida pola celebración do San Xoán. Na noite do sábado milleiros de fogueiras conmemorarán un ano máis o solsticio de verán. Como novidade, o anuncio da administración autonómica de que o vindeiro ano o 24 de xuño será festivo, unha reivindicación crecente por parte da sociedade. Pola súa banda, Lugo ten todo a punto para a celebración do Arde Lucus, que este ano coincide coa festa das fogueiras. Unha nova catapulta, campamentos ampliados, as primeiras xornadas gastronómicas romanas e unha aplicación que permitirá xeolocalizar os eventos son algunhas das novidades desta edición.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Dosier: San Xoán

As fogueiras virtuais son a última achega para a festa do solsticio de verán

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arde Lucus, San Xoán, Cidade da Muralla, Lugo

Claves