O vindeiro dÃa 18 de setembro será o último dÃa que se poida visitar o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago nas actuais condicións de acceso libre e de balde tal e como estaba previsto no plan de visitas en dúas fases presentado no momento da restauración. Tras esa data o conxunto escultórico pecharase ao público ata novembro, segundo avanzou hoxe o director da Fundación Catedral, Daniel Lourenzo. Durante o tempo de peche realizaranse no Pórtico medicións, limpeza e instalarase unha estrutura de protección do conxunto que desde ese momento o separará do s visitantes. No momento de reapertura e comezo da segunda fase, as visitas estarán vencelladas no mesmo sistema do percorridos do Museo catedralicio e serán de pago, con guÃa e de maior duración que as actuais (de 15 minutos), ademais haberá a posibilidade de facer reservas previas. A posibilidade de que estas visitas ao conxunto escultórico do Mestre Mateo foran de pago estaba no aire desde que se abriu de novo á cidadanÃa. As obras que se estana facendo na Catedral seguirán adiante e coas intervencións que está previsto licitar neste 3º trimestre do ano, estarán contratadas actuacións por máis de 11.700.000 euros, o que comportará un 70% de execución prevista, segundo explocu hoxe o Conselleiro de Educación e Cultura, Román RodrÃguez.