Editoras galegas e portuguesas celebran o seu primeiro encontro en Compostela

A sede do Consello da Cultura acolle o acto o vindeiro 25 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Editoras galegas e portuguesas celebran o seu primeiro encontro en Compostela

A Asociación Galega de Editoras acaba de anunciar a vindeira celebración do I Encontro da Edición Galega e Portuguesa. A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acolle o vindeiro 25 de setembro esta iniciativa, que, baixo o lema Galiza e Portugal: dous mercados que se ignoran? pretende "retomar un debate histórico desde o sector editorial galego", a idea de que é "un intercambio comercial, normalizado, entre o sector do libro galego e do portugués, autoras e autores, editoras, librarías e distribuidoras poderían interactuar cruzando o Minho como quen cruza o Umia ou o Lérez".

José Viale Moutinho, Teresa Moure, Suso de Toro e Carlos Quiroga desde a perspectiva autoral, Carla Sofia Amado, Carlos Nogueira e Elisabete Ramos desde a academia e o ámbito da tradución e Luís Catarino, Dora Forcas, Margarida Noronha e Glicéria Pereias a achegar a visión de librarías, editoras e distribuidoras, serán os relatores deste encontro profesional, que se desenvolverá ao longo de toda a xornada.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Consello da Cultura Galega, Asociación Galega de Editoras, Lérez...