O Auditorio de Galicia, cabeceira da xestión cultural local do Concello de Santiago, ven de presentar unha nova plataforma de información e venda de entradas virtual. O novo sistema implica deixar de usar a plataforma de Abanca a favor dun sistema propio e supón abrir varias posibilidades técnicas para solucionar problemas que se estaban a dar e tamén para avanzar cara estratexias que aumenten a asistencia ás actividades. A totalidade das entradas para os eventos xestionaranse a través desta plataforma, xa sexa polos usuarios na súa casa ou desde o móbil, xa sexa nas propias billeteiras da administración de xeito presencial. A cidadanÃa que use este sistema terá que pasar por unha alta de rexistro para as compras, achegando datos de contacto que serán usados só pola área de xestión cultural para poñer en marcha boletÃns e avisos personalizados. A nova web xa está operativa aÃnda que en probas.
Como exemplo das novas posibilidades que ofrece a nova plataforma desde o Auditorio de Galicia apuntan a un dos eventos máis multitudinarios da axenda cultural, o festival Cineuropa, para o cal o sistema anterior de Abanca non permitÃa mercar virtualmente bonos para usar en varias pelÃculas o que causaba colas nas billeteiras do Salón Teatro, mentres que co actual sistema si se poderá facer isto e os usuarios disporán dunha tarxeta propia para presentar as súas entradas dese xeito ou co propio móbil. En vindeiras datas lanzarase unha aplicación para facilitar a xestión a través dos teléfonos. Ademais, malia que aÃnda está sen valorar esta posibilidade en concreto, técnicamente o novo sistema poderÃa utilizarse para os concertos de balde con invitación do departamento de Festas e evitar asà algunhas das crÃticas que o sistema de recollida en persoa de invitacións recibiu este verán, xa que ademais se poderÃa limitar o número de entradas por usuario sen custe e sen poñer restriccións en función do lugar de residencia. O alcalde capitaliño, Martiño Noriega, fixera durante as festas de apóstolo mención das limitacións que para facer iso con entradas sen custe lles presentaba a anterior plataforma de venda de entradas da entidade bancaria que estaban a usar.