Prevender as entradas para un concerto, de xeito que o espectáculo se celebra de haber un mÃnimo de público. Esta é, en esencia, a base do proxecto Bandeed.com, un web que se presentou o pasado mes de decembro que quere facilitarlle o traballo a salas e bandas. “A nosa idea é que con este sistema mellore a venda de entradas e que se fagan posible actuacións ás que moitas salas non se arriscarÃan”, sinala Anxo Armada, ribadense afincado en Barcelona e principal promotor desta iniciativa.
“Posiblemente moitas salas non se atreverÃan con determinados grupos por non saber se van atraer xente abonda para que un concerto sexa rendible. Con este sistema poden ter unha expectativa de cubrir gastos”, explica. O xeito de funcionar de Bandeed baséase en usuarios que se dan de alta como salas e como artistas. No caso das salas, poden realizar unha prevenda de concertos que están a valorar programar, ou ben ofertar datas libres. Neste último caso, os artistas interesados en aproveitar algún deses ocos, contactan coa sala e miden o grado do interese entre os seus seguidores, e con isto pode negociar unha actuación. “A prevenda faise cun desconto do 50% sobre o prezo en despacho. Unha vez confirmado o evento, realÃzase unha venda anticipada cun 20% de desconto e logo xa sae a venda normalmente”.
A iniciativa, que se desenvolve a nivel estatal, conta xa coa adhesión de 26 salas, catro delas no noso paÃs (Café Cultural Auriense, Club Clavicémbalo, Bar Liceum e Sala Aturuxo) e está a xestionar a xira galega de El Niño de la Hipoteca, que ten confirmada data en lugo para o 5 de abril e propón 4 concertos entre o 3 e o 7 dese mes. Segundo aseguran os seus responsables están agora mesmo a promover o proxecto en Galicia con vistas a conseguir que participen no mesmo máis espazos e bandas.
A intención dos promotores, é continuar a traballar na plataforma e para esta primavera anuncian mudanzas que flexibilizarán os prazos, as porcentaxes de desconto e os requisitos para organizar concertos. “Estamos a traballar para que cada usuario, sen necesidade de ter permiso de ninguén e baixo a súa responsabilidade, xestione os eventos segundo as súas posibilidades e cos prazos que desexe”, explica Armada. queremos dar cabida a todos os tipos de promotores, artistas ou salas de concertos, que de maneira sinxela e intuitiva de seguida poidan crear un concerto cofinanciado mediante crowdfunding. Queremos que a xente tome o poder”.