A poucos dÃas de comezar e co cartel practicamente pechado Iván Arias presentou hoxe o programa da Vª Edición do WOS Festival recoñecendo que este ano o evento busca renovar o seu público e aposta por un cambio diferenciador na súa traxectoria a través do seu deseño artÃstico nese sentido, malia que signifique renunciar a parte da súa anterior masa de asistentes. O director do WOS Festival apoiou asà a proposta consciente deste ano na que non hai cabida para músicas do rock ou do punk e se reforza substancialmente toda a oferta de música electrónica e de vangarda na busca dun "nicho de público" que representa unha oportunidade diferenciadora na oferta peninsular de festivais. Cun orzamento de entre 110 e 120 mil euros está apoiado por varias institucións públicas presentes no acto (Concello de Santiago, Deputación da Coruña, AGADIC e Cidade da Cultura) e empresas privadas como Estrella Galicia.
O festival inicia asà un novo camiño cara a especialización musical que , segundo Arias, atrae a atención de público de fóra das nosas fronteiras ao conseguir ofrecer en pequenos espazos de moita proximidade actuacións de artistas moi difÃciles de ver no nos paÃs e incluso noutros nestas mesmas condicións xa que adoitan ir só a grandes festivais. Arias asumiu que isto implicará tamén un cambio de público, polas preferencias musicais, pero asegurou sentirse sorprendido xa que agardaban vender menos entradas e as cifras son similares as doutros anos, arredor de 3.500 asistentes a diferentes programas do festival. Entre o 12 e o 16 de setembro o WOS ofrecerá as actuacións de 26 artistas de 12 nacionalidades diferentes, ademais dos programas de artes audiovisuais e as charlas e outras actividades paralelas que fan desta cita un referente da vangarda e que redefine as lindes entre as disciplinas artÃsticas como recordou a concelleira compostelá Branca Novoneyra. A formación e jazz galega Sumrrá entrará no programa tras "anos en conversas" para conseguilo, segundo afirmou Arias, buscando que o fixeran dun "xeito relevante". Asà o trÃo ofrecerá no Teatro Principal o concerto de apertura desta edición nunha actuación de presentación do seu novo traballo Seis mulleres para o que estará acompañados por vez primeira da creadora audiovisual Laura Iturralde.