O grupo Chévere recibirá mañá, 1 de setembro, o XVIII Premio Mácara no marco do Festival de Teatro Afeccionado de Palas de Rei. A compañÃa será recoñecia "pola súa traxectoria nos escenarios e o seu apoio ao teatro amador e de rúa" pola organización do evento. Ademais, Carlos Callón será homenaxeado no mesmo evento co XIII Premio Careón "en recoñecemento polo seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega". Como novidade, a Mostra entrega o primeiro premio Garabato á Conservación do Patrimonio en homenaxe póstuma a Gabriel Barreiro Toural.
A mostra, que está a se desenvolver desde o pasado xoves 23 de agosto, inclúe no seu programa o roteiro teatral Son D´Aldea que realizan os veciños de Santiago de Albá a recrear a vida tradicional da sua parroquia.