Cumpren doce anos fieis ao principio de achegar a unha localidade pequeña do interior de Lugo como Palas de Reis, unha escolma do teatro amador. Desde entón dúas semanas ao ano programan compañÃas chegadas de diferentes puntos de europa, canda as da propia localidade, para ofrecer unha escolma do que o teatro amador pode dar de si. A cita desta edición comezou onte cunha obra que afonda nas drogas e as relación de parella. Este ano, a mostra organizada pola formación local Metástese Teatro entregará os seus habituais galardóns: o Mácara irá á Revista Galega de Teatro polo seu labor de difusión do teatro afeccionado, e o Careón será para Xavier P. Docampo polo seu labor de apoio á literatura e a cultura de Galicia.