O cursos de formación centran as novidades da X Mostra de Teatro Amador de Palas

Teresa Moure e Ánxeles Cuña fixéronse cos premios Careón e Mácara

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un dos festivais de teatro amador máis importantes de Galicia, o Teatro no Camiño de Santiago de Palas de Rei, quenta motores. Será do 20 de agosto ao 6 de setembro e acaba de presentar o seu programa de actividades que presenta varias novidades, como a celebración dun curso de formación para actores afeccionados (do 24 ao 27 de agosto) que terá un custe de 30 euros. Durante eses 18 días, pola localidade lucense pasarán formacións galegas xunto con outras chegadas de Valencia, Cuenca e Moscú. Ademais, será no transcurso da mostra que repartirán os premios literario Careón que foi para Teresa Moure e o de teatro Mácara para Ánxeles Cuña Bóveda.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teresa Moure, Teresa Moure, Camiño de Santiago...